Obxectivos

Obxectivos EcoComedores

Preténdese escalar na folla de ruta creada no territorio no ámbito do consumo de produtos ecolóxicos, de temporada e proximidade en comedores colectivos, buscando establecer accións de mellora, a nivel de produción, de loxístiva e distribución e nos propios puntos de consumo.

A actual fase do proxecto xorde en 2023 froito da reflexión sobre a situación da iniciativa e as súas necesidades e retos para a súa consolidación.

Consolidar

Fortalecer o abastecemento de produto local, sostible e de tempada nos comedores adheridos, mediante o apoio á mellora de todos os compoñentes da cadea (desde o cultivo e produción ata a loxística, distribución, centros de consumo e público xeral).

Avanzar

Promover a incorporación de alimentos sostibles e de proximidade nas comidas escolares.

Elemento catalizador e de divulgación

Actuar como motor e difusor da iniciativa cara a outros territorios da contorna, mediante a colaboración con entidades como os Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e coas administracións a distintos niveis.

Os cultivos de tempada son unha posta en valor das terras de cultivo e obteñen produtos con tempos minimos e máxima calidade.