EcoComedores da Biosfera
Avanzando cara a optimización produtiva, comercial e loxística.
Que é EcoComedores da Biosfera?
EcoComedores da Biosfera é unha iniciativa que promove un modelo alimentario saudable, sostible e responsable en centros escolares da área de A Coruña. Aposta pola introdución de alimentos ecolóxicos, de proximidade e de tempada, apoiando á produción local e fortalecendo o tecido rural.
Os nosos Valores
Hábitos alimentarios
Fomento dun estilo de vida equilibrado dende as primeiras etapas de desenvolvemento.
Produtos ecolóxicos
Incorporación de alimentos sostibles e de orixe próxima nas comidas dos centros.
Economía local
Impulso ás actividades produtivas da contorna e aos métodos de cultivo responsables.

Centros educativos
Participación conxunta de escolas, produtores, familias e entidades públicas.
Aposta pola introdución de alimentos ecolóxicos, de proximidade e de tempada, apoiando á produción local e fortalecendo o tecido rural.
Comedores escolares
Comensais
Centros públicos, privados, concertados e escolas infantís.
Traxectoria
2015
Nace a iniciativa EcoComedores no marco do Plan Alimentario da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
2017-2019
Ampliación a 15 comedores con 2.600 comensais
2020-2022
Creación da central de compras dixital e fortalecemento da rede
2023-2025
Consolidación do modelo, incorporación de novos produtores e centros, mellora da loxística
2025
Facturación única a través da asociación ECOAGRA
Redes de produtores
“Formar parte de EcoComedores motivounos a planificar mellor a nosa produción e sentir que somos parte dunha rede que educa e alimenta.”
Produtores ecolóxicos activos
Hectáreas ao aire libre e 2,67 ha baixo cuberta
Cómo funciona?
Formación centros educativos
Organización de encontros formativos para o persoal de cociña e comunidade escolar sobre preparación equilibrada e aproveitamento de produtos de tempada.
Acompañamento nutricional
Profesionais especializados ofrecen apoio na elaboración de menús, fichas técnicas e balance dos nutrientes.
Asesoramento agroecolóxico
Dirixido ás persoas produtoras, con sesións sobre técnicas de cultivo sostible e métodos naturais de control de pragas.
Distribución local
Mediante unha plataforma dixital (PLANT ON DEMAND) que enlaza comedores e agricultores, realízanse recollidas e entregas semanais cun sistema de transporte adaptado.