Valores

Valores EcoComedores

EcoComedores é unha iniciativa que facilita a comercialización de produto local, ecolóxico e de tempada en A Coruña, a través da compra a produtoras a un prezo preferencial e a venda a clientas.

Polo tanto, debe camiñar cara a un modelo empresarial coas seguintes funcións principais:

Funcións EcoComedores

Planificación estratéxica oferta-demanda

Organización equilibrada entre o que se produce e o que se necesita para garantir o uso eficiente dos recursos e evitar desperdicios.

Xestión de relacións comerciais

Creación de vínculos sólidos e de confianza coas persoas consumidoras.

Distribución eficiente

Entrega áxil e coordinada dos bens ás destinatarias.

Negociación de prezos xustos

Definición de tarifas que manteñan o equilibrio entre a viabilidade económica das produtoras e o acceso asequible para quen compra.

Merca centralizada

Sistema único de adquisición de bens procedentes de provedores locais e sostibles.

Os cultivos de tempada son unha posta en valor das terras de cultivo e obteñen produtos con tempos minimos e máxima calidade.