Que é EcoComedores da Bioesfera?

Que é EcoComedores da Biosfera?

EcoComedores da Biosfera é unha iniciativa que promove un modelo alimentario saudable, sostible e responsable en centros escolares da área de A Coruña. Aposta pola introdución de alimentos ecolóxicos, de proximidade e de tempada, apoiando á produción local e fortalecendo o tecido rural.

O Plan Alimentario de “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” está dirixido ao estímulo da produción e consumo de alimentos locais.

EcoComedores da Biosfera pretende que o comedor dos centros escolares se converta nun espazo de educación que transmita os valores dunha alimentación saudable e fundamentada nunha produción e comercialización respectuosas co medio ambiente.

Fai falta a colaboración de todos os axentes: dirección dos centros, familias, alumnado, profesorado, persoal de cociña, produtores e administracións. proximidade e de tempada, apoiando á produción local e fortalecendo o tecido rural.

E se incorporamos todo isto ao comedor do meu centro escolar ?

Aposta pola introdución de alimentos ecolóxicos, de proximidade e de tempada, apoiando á produción local e fortalecendo a economía local do tecido rural.

Coñecemos a orixe dos alimentos que consumimos?

En moitas ocasións non somos conscientes de que gran parte dos produtos que chegan ás nosas mesas levan xa percorrido un considerable número de quilómetros, ás veces mesmo varios miles.

Sabes o que é a pegada de carbono dos alimentos?

É a cantidade de emisións de C02 e outros gases de efecto invernadoiro que se producen no ciclo de vida dun alimento (cultivo ou elaboración, transporte, empaquetado, almacenamento e distribución). Calquera alimento ten pegada de carbono, pero esta é maior canto máis intensivo é un cultivo, canto máis lonxe é a súa procedencia ou cando implica complexos procesados ou emprega envases non biodegradables innecesarios.

Qué é a agricultura ecolóxica?

Trátase dun sistema de produción agrario dirixido á obtención de alimentos optimizando os recursos naturais e respectando o medio ambiente. Ecolóxico, biolóxico e orgánico son termos sinónimos e atópanse reservados en exclusiva para este sistema de produción. Os alimentos ecolóxicos están certificados, o que asegura o cumprimento das súas normas de produción. En Galicia, a única entidade de control e certificación autorizada é o CRAEGA.

Os cultivos de tempada son unha posta en valor das terras de cultivo e obteñen produtos con tempos minimos e máxima calidade.

ECOCOMEDORES

Unha alimentación saudable e sostible

Debemos comer variado (froitas, verduras, legumes, cereais, carnes, peixes, lácteos …) e de forma proporcionada. Así como nos preocupamos pola nosa saúde, debemos coidar tamén da saúde do planeta. As decisións que tomamos sobre a alimentación teñen un impacto directo no ecosistema.

Alimentos saudables

Dar preferencia a produtos frescos, próximos, de tempada e, sempre que se poida, obtidos de maneira sostible.

Evitar envoltorios

Reducir o uso de plásticos para minimizar a xeración de refugallos.

Planificar compra

Organizar as adquisicións para impedir excesos que rematen por botarse a perder.